Mostrando entradas con la etiqueta desilusión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desilusión. Mostrar todas las entradas

lunes, abril 16, 2012

Deica logo (por non dicir que te fodan)


Agora atende que che vou deixar as cousas ben clariñas. Non son tan críptico? Tan escuro? Tan irrecoñecible? Pois escoita que hoxe descosín o medo e desatei a madeixa, escoita e agárrate que veñen curvas.

Na miña puta vida entenderei como podes desincronizar as tuas verbas da túa mirada, porque as túas palabras minten, pero a túa mirada canta ben claro.

Na miña puta vida entenderei que carallo esperas de min, porque non hai nada que esperar, a min non me programaron ó nacer, non sei o que vou facer dentro de dous minutos, ainda que me apetecería darche unha ostia, ou botar un polvo, non non, mellor darche unha ostia.

Non tiven nin teño a máis mínima intención de sufrir por cada un dos teus despistes, polos teus desplantes, polas túas ásperas mans que esfolan con profundidade pero non me podo controlar, e sufro, e compadezo este defécto de fábrica.

Jódeme soberanamente decatarme que non me tes en conta, que hoxe non estou para ti, que nunca lees o que che escribo.

Jódeme identificar un ápice de cursileria en todo isto.

Súdama inconmensurablemente os teus problemas, os teus defectos de fábria e o teu victimismo acomplexado.

Súdama se este texto che parece unha merda.

Regocíxome ó dicir que xa non estou para ti, xa non estarei, pero apuntarei o teu nome por se te cito nas miñas memorias.

Estoupo nunha rabieta egocéntrica ao pensar como te decatas paseniño que fuxin. Marchou o críptico! o escuro!o irrecoñecible!

Estoupo en insultos para ti.

Marcho.

Marcho si.

Marcho que teño que marchar.

Ui non.

Agora non.

Agora non grites.

Agora xa foi,

Marica non chores.

domingo, noviembre 29, 2009

Je ne suis....

Je suis la vitalité
Je suis la dèsolation
Je suis la garce
Je suis la folie
Je ne suis......

-Mira o tempo, velo?, síntelo?, podes collelo?, podes asfixialo ata que se pudra nas túas mans e xa non siga o seu camiño? Dime que podes, dimo e xa non serei a mesma.

Os putos anos pasan, pasan por todos, por algúns máis ca outros, pero pasan ao fin de contas. Por ela pasaron axiña, pasou media vida en busca da eterna xuventude e acabou sumida en cremas de coñecidas marcas e descoñecidos logros.

-Perdín o tren, ese que ía a Bilbao, tamén o que me levaba a Paris. Perdin a maleta e o billete, perdin o pucho que me abrigaba do frío...

Soñaba xogar, nisto que chaman vida real ,cos bonecos que tiña de pequena, xogar a ser a mamá pero rematou por convertirse na tia que todos os nenos desexarían ter, esa amiga de mamá que cando ven sempre trae unha tableta de chocolate.

-Nuna amei, sempre foi máis sinxelo odiar. Pensei que para amar, tiña que aprender a detestar. Unha vez ameime a min mesma, pero non lembro se foi real.

As súas sabas enchéronse de pel morta, a súa cabeleira volveuse cincenta e deixou de ser atractiva, deixou de preocuparse por selo. Agora mira ao espello e trata de lembrar o que ficou atrás para deprimirse, para sentirse a merda máis grande do mundo, dalle forzas.
O cheiro a orín comeza a impregnar a súa roupa interior, ten arcadas e corre ao baño para axeonllarse no retrete e botar todo fora, mentres chora. Se o retrete fora máis grande tiraríase pero non o é.

-Gústanme os aniversarios, pero en solitario. Gústame esquecer cantas velas teño que por na tarta. Disfruto regalándome aquilo que tanta ilusión me facia, sorprenderme cunha festa e bailar borracha ata perder o control. Felices 70! E penso que esas son as palabras máxicas para que chegue o final que non é tal. Érgome ao dia seguinte convencendome que as palabras máxicas farán efecto dentro dun ano.

Je suis parfait
Je suis le patron
Je suis la reine
Je suis vieux
Je ne suis....

viernes, noviembre 13, 2009

ESQUECICHES

Sempre buscou en min un confidente, un apoio, un responsable. Pero eu era tan só un neno.

Sempre buscou en min unha excusa, un consello, compresión, e os problemas para min eran tan só fórmulas matemáticas.

Era o conflito e a solución, o intruso silencioso do fráxil binomio, a pelota que cambia continuamente de tellado.

Sempre buscaches en min razóns, causas, e eu estaba tan farto delas....

Estabas tan cega, tan absorbida nos teus problemas que non reparaches no máis importante.

Sempre buscabas en min un pai pero eu era tan só o teu fillo.

sábado, mayo 30, 2009

FICTICIO

-Se me sincero non che vai gustar, sempre xogaches dentro do mundo do ficticio, non entendo a que ven isto.

-Non comezemos con esas ameazas brandas, que sabes que me dan noxo.

-Eu aviso, ti sabrás.

-Porqué tes que estar tan seguro en todo?Non mo creo, sabes? O control sempre pertence a esas dúas mans nas que artellas a miña vida, e eu déixome, aínda non o entendo.

-Pois terás que entendelo.

-Sempre fun a que buscaches, verdade?.Ese monicreque que se deixa dominar neste mundo de mentiras, eres moi feble por iso buscaches a alguén máis feble ca ti.

-Eu non dixen nunca iso.

-Sempre o dis, e decátome agora.

-Nunca é tarde.

-Ves? Ves como actúas? Que intentas, ferirme con esa seguridade atroz? Con esa aparente insensibilidade? Á merda todo, á merda eu, á merda ti.

-Non te alteres

-Por que? O presidente do mundo ficticio habitado por min deulle o primeiro antollo do día: “non te alteres di”. E agora que? Téñoche que faer caso?

-Para de frivolizar, estaste pasando.

-Ben pararei, si, pararei, pero entón que? Vasme dicir o que pensas ou non?

-Sincerarme? Se xa está todo dito

- Pois aínda non soltaches prenda.
-Xa o dixeches ti todo, e mira sen miña axuda, parece que imos mellorando.

viernes, marzo 13, 2009

18 metros cadrados

Hai máis dun mes que non dou sinais de vida. Non é porque non precisase escribir, gritar a traves das miñas verbas e liberarme desa pel morta que tanto me pesa.
Sucede que non teño forzas, síntome feble, perdido en 18 metros cadrados.

Ese sorriso que non esgotaba o seu brilo, esa felicidade que te embarga, a bondade que desprendes, esas ganas de coller o mundo cun dediño esvanécese nun microsegundo.
Pero ti, mínteste, porque é doado mentir. Abres os ollos o máis forte posíbel, miras ó lonxe e pensas que estás ben, que todo pasou.
O teu ombreiro serve de consuelo para moitas almas apenadas pero, chegas ó teu cuarto e non atopas ningún no que apoiar os teus delicados ollos. Non hai panos de seda para calmar a dor da auga salgada, polo menos non os hai para ti.
Aínda que te esforces non podes ser inmune a tristeza que outros procesan na súa faciana. Aínda que te esforces non podes amosar tristeza na túa faciana.
Eres o consolador sen consuelo. O animador sen ánimo.
Un día estouparás, e todo o mundo tomarate por tolo. Un día serás coma eles, contestarás mal, chorarás con todas as túas forzas, pedirás axuda e, todo o mundo tomarate por tolo.
Somos froito da nosa colleita e a túa semente é o sacrificio da aparencia.
E non te queixes, non cho permito. É medo o síntoma. Incapaz eres de aturar o que se aproxima.

Cala! aínda te teño a ti, non estou só, ti non abandonas, non podes, porque no fondo tamén tes medo.

Tamén o tes a el, el tamén te coñece, sabe máis do que ninguén, aínda que non tanto coma min.

Algo raro pasa, non acabo de equilibrarme nese fío metálico que nos une. Mantenme dentro dese buraco fendido no seu brazo pero en realidade eu non estou dentro. Non estou en contra das súas conclusións radicais, nin das súas voltas de torca pero eu non encaixo, ambos non nos axustamos alí. Ninguén encaixa alí.Pero aínda así mantesme dentro! E eu ansío por quedarme!


Se borras os teus segundos dos meu minutos, as túas horas dos meus días, se berras aínda que eu cale, se choras aínda que eu escache a rir.
Se miras ós ollos e precisas seguir, entón todo será máis sinxelo.