domingo, noviembre 29, 2009

Je ne suis....

Je suis la vitalité
Je suis la dèsolation
Je suis la garce
Je suis la folie
Je ne suis......

-Mira o tempo, velo?, síntelo?, podes collelo?, podes asfixialo ata que se pudra nas túas mans e xa non siga o seu camiño? Dime que podes, dimo e xa non serei a mesma.

Os putos anos pasan, pasan por todos, por algúns máis ca outros, pero pasan ao fin de contas. Por ela pasaron axiña, pasou media vida en busca da eterna xuventude e acabou sumida en cremas de coñecidas marcas e descoñecidos logros.

-Perdín o tren, ese que ía a Bilbao, tamén o que me levaba a Paris. Perdin a maleta e o billete, perdin o pucho que me abrigaba do frío...

Soñaba xogar, nisto que chaman vida real ,cos bonecos que tiña de pequena, xogar a ser a mamá pero rematou por convertirse na tia que todos os nenos desexarían ter, esa amiga de mamá que cando ven sempre trae unha tableta de chocolate.

-Nuna amei, sempre foi máis sinxelo odiar. Pensei que para amar, tiña que aprender a detestar. Unha vez ameime a min mesma, pero non lembro se foi real.

As súas sabas enchéronse de pel morta, a súa cabeleira volveuse cincenta e deixou de ser atractiva, deixou de preocuparse por selo. Agora mira ao espello e trata de lembrar o que ficou atrás para deprimirse, para sentirse a merda máis grande do mundo, dalle forzas.
O cheiro a orín comeza a impregnar a súa roupa interior, ten arcadas e corre ao baño para axeonllarse no retrete e botar todo fora, mentres chora. Se o retrete fora máis grande tiraríase pero non o é.

-Gústanme os aniversarios, pero en solitario. Gústame esquecer cantas velas teño que por na tarta. Disfruto regalándome aquilo que tanta ilusión me facia, sorprenderme cunha festa e bailar borracha ata perder o control. Felices 70! E penso que esas son as palabras máxicas para que chegue o final que non é tal. Érgome ao dia seguinte convencendome que as palabras máxicas farán efecto dentro dun ano.

Je suis parfait
Je suis le patron
Je suis la reine
Je suis vieux
Je ne suis....

2 comentarios:

  1. esta canción...
    imaxínote de vello gustariame que aprenderas a bailar salsa porque eu imaxinote os setenta bailando salsa cone esta canción e fumando faria.
    despacio, cos ollos pechados.
    creo que se a pos ben alta e pechas os ollos consegurias ser jean kelly pero con faria.

    ResponderEliminar
  2. eu tamén me vexo, quero envellecer ao son de chan chan

    ResponderEliminar