viernes, marzo 13, 2009

18 metros cadrados

Hai máis dun mes que non dou sinais de vida. Non é porque non precisase escribir, gritar a traves das miñas verbas e liberarme desa pel morta que tanto me pesa.
Sucede que non teño forzas, síntome feble, perdido en 18 metros cadrados.

Ese sorriso que non esgotaba o seu brilo, esa felicidade que te embarga, a bondade que desprendes, esas ganas de coller o mundo cun dediño esvanécese nun microsegundo.
Pero ti, mínteste, porque é doado mentir. Abres os ollos o máis forte posíbel, miras ó lonxe e pensas que estás ben, que todo pasou.
O teu ombreiro serve de consuelo para moitas almas apenadas pero, chegas ó teu cuarto e non atopas ningún no que apoiar os teus delicados ollos. Non hai panos de seda para calmar a dor da auga salgada, polo menos non os hai para ti.
Aínda que te esforces non podes ser inmune a tristeza que outros procesan na súa faciana. Aínda que te esforces non podes amosar tristeza na túa faciana.
Eres o consolador sen consuelo. O animador sen ánimo.
Un día estouparás, e todo o mundo tomarate por tolo. Un día serás coma eles, contestarás mal, chorarás con todas as túas forzas, pedirás axuda e, todo o mundo tomarate por tolo.
Somos froito da nosa colleita e a túa semente é o sacrificio da aparencia.
E non te queixes, non cho permito. É medo o síntoma. Incapaz eres de aturar o que se aproxima.

Cala! aínda te teño a ti, non estou só, ti non abandonas, non podes, porque no fondo tamén tes medo.

Tamén o tes a el, el tamén te coñece, sabe máis do que ninguén, aínda que non tanto coma min.

Algo raro pasa, non acabo de equilibrarme nese fío metálico que nos une. Mantenme dentro dese buraco fendido no seu brazo pero en realidade eu non estou dentro. Non estou en contra das súas conclusións radicais, nin das súas voltas de torca pero eu non encaixo, ambos non nos axustamos alí. Ninguén encaixa alí.Pero aínda así mantesme dentro! E eu ansío por quedarme!


Se borras os teus segundos dos meu minutos, as túas horas dos meus días, se berras aínda que eu cale, se choras aínda que eu escache a rir.
Se miras ós ollos e precisas seguir, entón todo será máis sinxelo.

1 comentario:

  1. Pois supoño que si!! De feito a semana pasada comentoume unha amiga de clase que é de Santiago que ía esta-la rusa no Capitol, e non me vou permitir quedar sen vela por segunda vez!!! (o verán pasado actuou A 100 METROS DA MIÑA CASA e estaban agotadas as entradas cando fun a por elas ¬¬ ¬¬ ¬¬ ¬¬ ¬¬U)

    ResponderEliminar