sábado, marzo 06, 2010

GRIS

Dicimos que algo é branco e negro, nunca diferenciamos a variedade de grises que fan posible todo o que é branco e todo o que é negro. Por iso unha cebra, un pingüin ou un dálmata non son iguais aínda que sexan brancos e negros. Cebras, Pingüíns e Dálamatas non son iguais, pero coas persoas non sucede o mesmo, non notamos esa diferencia. E é ben raro que non o fagamos. Porque ao final, pingüins, cebras e dálmata probablemente teñan pensamentos moi semellantes: frio, calor,sono, fame, sexo,afecto, malestar, mira que branco ou mira que negro.
Pero e nos? nos que somos? somos brancos? somos negros? somos brancos e negros?

A min, gustaríame ser laranxa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario