martes, septiembre 20, 2011

5-3-2 Cepillados

para complacerte.... para complacerme....
Bico. Bico.
Sorriso Aperta.
Aperta. Sorriso.
Sexo. Sexo.


“Ergue o meñique mentras me masturbas”

Calibro o equilibrio dun peso imperfecto, de dous corpos nús e inquedos. Cincocentos trinta e dous cepillados ao meu cabaliño branco. Un troco de sensacións profundamente superficiais, de usar e tirar, bicos-velcro. Cincocentos trinta e dous cepillados ao meu cabaliño branco. Mercado de influencias sobre viscolatex, nun cincuenta. Desbordo a dose exacta do que precisas para que ti tamén o fagas, para sentirme a ramera consentida do burdel. Cincocentos trinta e dous cepillados ao meu cabaliño branco. Sexo protésico para engordar a fantasía, para que sintas que son eu, que o conseguiches, non hai máis que buscar, só queda esperar a que non remate, ou a que se repita. Non esquezas, cincocentos trinta e dous cepillados ao meu cabaliño branco. Descalibro, desequilibro, din o que quixeches, abusei, abusaches, non chores, xa foi, non sufras, foi ben, foi bonito mentras durou.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario