martes, septiembre 13, 2011

Non recomendada para menores de 7 anos.



Que é isto, quen somos?


Imos ser malos, paréceche? Os maiores fillos de puta sen sentimentos. Quitarémonos as camisolas e luciremos peito. Luciremos brazos. Sentirémonos sexys, vamos! É todo actitude. Está tirado. É doado, sempre é doado ser outro. Imos ser outro, se é o que queren seremos outro. Seremos os putos amos, dícese así non? que dis? Paréceche? Queimaremos a rúa, queimaremos as nosas gorxas con ron, do barato, do que esfola, nada de mariconadas.

Imos ser tolos. Grita! Móvete! Sorpréndete a ti mesmo! Baila! Baila! Baila! Libérate ostia!

Bañémonos na praia. Bañémonos en bolas. Enchamos o corpo de salitre pero non deixes de gritar oes? Non hai medos. Non hai pensamentos. Non hai nada. Non es ti, entendes? Parécehe? Grita!

Ves como nos miran? Cada unha desas pupilas é un aguillón cheo de veleno. Despois de picar morren, entendes? Estaste pondo cachondo? Tes medo? Bótalle collóns. Chamemos a cada un deses fillos de puta polo seu nome. Un por un. Hoxe nada importa. Somos malos. Os putos amos. Outros.


Que esperas de min? a onde pretendes chegar?


Deuche por pensar que protagonizabas a película da noite verdade? Si que che deu que o sentin. Pensaches que ti tamén eras quen de triunfar nos negocios e sentirte querido. Por un intre sentícheste capaz de educar admirablemente ao teu fillo e ter alguén ó outro lado da cama, simplemente porque lle apetece, e a ti tamen, porque te quere, sen máis pretensións, así de simple. Cada fotograma vivido aceleraba unha conta atrás inminente, a do fin, a do inicio da túa película. Xa sabes o que din, isto é a vida real, sen decorados nin montaxe, sen partener complaciente que che trae o almorzo á cama. Pero eu estou igual, todos estamos igual, no fondo somos iguais.
As mesmas pezas idénticas dun puto puzzle para maior de sete anos.


1 comentario: