jueves, agosto 12, 2010

SORTE

Só pido un vale por unha noite contigo. Só iso.

Un cuarto, unha luz, un colchón e nós. Só iso.

Sen reloxos, sen presas e sen ruido. Só nós,xogando a ser nós, a querernos, a descubrir o descoñecido, a explorar o inexplorado.
Sentiremos a pureza dos nosos corpos espidos, morreremos de calor, fundiremos as nosas mans na pel do outro e gritaremos. Gritaremos de pracer, choraremos de felicidade, tolearemos ríndonos con picardia, faremos o amor, foderemos, fornicaremos..... suaremos coma animais.
E asi ficaremos inmóviles, sentíndonos a un dentro do outro, inseparables por un intre, coma almas xemelgas.
Bicarémonos a escuras entrelazando as nosas linguas viperinas. Masturbarasme e masturbareite.
Por momentos sentiremonos os protagonistas dunha peli romántica pastelosa, coma se o noso fose un amor adolescente. Soñaremos despertos.
Escupiremos con ansia as nosas ondas de pracer. Relaxarémonos.
Tararearei unha canción mentres me acaricias e adormeceremos ao ritmo dos nosos latexos.

E amencerá. E procurarei levarme sempre no peto esa sensación, esa cara que me mira e me deslumbra, esa aparente felicidade.

Marcharaste. Eu seguirei aqui mordendo as unllas, esperando ansioso o seguinte vale.


2 comentarios:

  1. ay jesus! XD

    peli romantica pastelosa dice...

    lu

    ResponderEliminar
  2. pois si souberas en quen estaba pensando!!
    xa teño ganas de verte para seguirte pervertindo

    ResponderEliminar