jueves, julio 15, 2010

Wifi

Chóralle o ollo esquerdo, sinte envexa do dereito, é máis feble e non tolera o fume que sae do cigarro. No fondo non sabe se chora polo agobio, polo tabaco ou simplemente é unha estratexia para facer tempo mentras o portátil recupera a conexión.
E síntese egoísta, un niñato caprichoso.
E colle un sobre de azucre e vérteo enteiro na lingua.
E saborea eses grans doces.
O ollo dereito continua seco e o pitillo está a piques de consumirse. Cheira os dedos porque sempre lle gustou o cheiro que deixa o Malboro nas súas bastas mans.
E a conexión parece que non quere vir.
E síntese observado.
E saca da carteira as moedas xustas para pagar a cervexa.
Non pensa deixar propina con esa merda de tapa que lle puxeron. O home do fondo grita. Hoxe portouse ben a máquina tragacartos.
E volve a sentirse un niñato caprichoso.
E bota de menos.
E mira fotos.
E apaga o cigarro
Desiste nos seus intentos de conectarse e asume que chegou a hora da retirada. Costalle pensar cal é o camiño máis longo para chegar a casa.
E desconecta o portátil.
E colle as gafas de sol.
E estornuda.
Chega a barra para pagarlle a ese camerero de acento luso e voz tímida. Fica sorprendido.

-Está convidado, polo home da máquina tagacartos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario