domingo, junio 20, 2010

Arcadas

É complicado atopar a onomatopea que reproduza o son exacto que emite o corazón cando se fragmenta. Ábrense pequenas fendas polas que se filtra o sangue, o máis vivo, o máis vermello. Este corre libre por esa textura rugosa e seca, esvarando polo resto do corpo ata evaporarse. E ti non sintes nada, todo cheira igual, cheiro a morto, cheiro a putrefacto.

-Pois para levar duas semanas véseche moi solta!
-Ti cres? Graciñas.
-Si, eu diria que levas polo menos un ano facéndoo.
-Pois nótome moi insegura.
-Disimúlalo ben.
-Inténtoo.
-Como ten que ser! que aquí todos andan con catro ollos para cazarte.
-Xa me decatei, si.
-E iso que moito xa non podemos empeorar as cousas!
-Jajajajaj tes razón.
-Por iso as veces vólvome perversa
-Como?
-Si, pero déixao, has de pensar que toleo.
-Que va muller, conta
-Encantaríame que algunha vez tiveran algunha reacción, que sentisen algo.
-Si?
-Como berran mentras xogo co coiteliño.
-Pois eu cagaríame de medo.
-Canto máis berraran máis mala seria, sobre todo xogaría cos ollos, encántanme!
-Ai Jesús, dilo en serio?
-Creo que me faria recuperar a paixón perdida por este traballo.
-Pero tia, iso sería cruel, sería un delito.
-Joder, pero non ves que están mortos!
-Pero si dis que berran....
-Como se nota que levas só duas semanas!



As veas entúpense e amoréanse formando nudos, unha madeixa morada que palidece a pel. Xa non queda auga, non hai bágoas, non hai súor, non hai saliba. Os riles defórmanse e desprenden un cheiro amargo que se mestura co formol. Os testículos encóllense coma pequenas pasas. E ti non sintes nada, todo cheira igual, desexarías estar morto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario