lunes, noviembre 02, 2009

Caos

Hoxe subironme o prezo no prostíbulo e por suposto non fun quen de deixar propina.

Hoxe descubrin que a merda que sae do meu corpo xa non ten o cheiro de sempre e que levar a camiseta do revés é unha boa solución para evistar os picores da etiqueta.

Hoxe o Ibiza levou aparcado en dobre fila máis de tres horas sen problemas e a máquina dos cafés gastounas de xenerosa e devolveume trinta e cinco céntimos de máis.

Hoxe a radio sintonizou unha canle sueca moi animada, non se entendía nada, parecida as que hai aquí..

Hoxe non soñei contigo e o meu teléfono non tiña chamadas perdidas.

Hoxe aprendín pouco, máis do habitual.

E aquí estou, esperto, coa noite xa pecha e desafiando ao cambio de hora. Eu máis este mosquito intentamos durmir sen logros. Será que non quero que remate.

3 comentarios:

  1. será que eu tampouco aturo pensar que poderia rematar

    ResponderEliminar
  2. Todo ten o seu fin, porén non podemos ter medo a que remate tenemos que vivir o momento!!!unha aperta meigallo!!!

    ResponderEliminar