jueves, junio 11, 2009

564





19 anos
187 centímetros
73 kg

“Agora ó chegar xa te apuntarei na miña libreta, será o número 564”

Nunca me levei moi ben coas matemáticas, era a nosa unha relación amor-odio na que as veces gañaba ela e as veces eu, apaixoante si, frustrante tamén.
Números, dominados polos números e só pensando niso decátome da capacidade de memorización do intelecto humano.
“É mellor que aprendas o DNI, serache útil”, “Non sabes o teu número de teléfono? Apréndeo!”, “ O coche con matrícula 9123 FGM está mal estacionado”...

Hoxe sen previo aviso sumei un novo número a miña lista que non é curta, aínda que tampouco das máis longas.
A partires de agora tamén son o 564, número par de tres cifras, sumando as tres sae o 15. Agora paso a formar parte dunha curiosa lista, con 563 persoas descoñecidas que me preceden e outras tantas que me seguirán o paso, bueno, non creo que xa sexan tantas.

Para nada estou orguioso de ser un mero número nesa lista ficticia de papel cuadriculado nun caderno, pero polo menos o número non me disgusta.
E dou grazas ata o momento de non ser o 563 ou o 565, sería horrible, non credes?

3 comentarios:

  1. Que triste ser un número... y a veces, sentirse número. Es lo que hay.

    saludos

    ResponderEliminar
  2. jajajaj dillo a Castelló que nos corrixe o exame cun número diante!! manda carallo!

    ResponderEliminar
  3. ya, ya.. es para no ser subjetivo y dejarse llevar por la enantrodromia panegirica vicaria en la que vive XD

    ResponderEliminar