martes, junio 09, 2009

ESCRÚPULO

Un día deume por facer a cea e si, xa o sei sona moi raro vindo de min, pero por un intre picoume a curiosidade de sumerxirme no recordo materno, pensando naquelas delicadas mans sazonando a carne fresca e de súpeto chegaron os meus sentidos os aromas, sabores e o calor na pel que xa había moito tempo, moitos anos que non sentía.

Un día deume por facerlle a cea e si, volve a resultar moi extraño vindo de min pero por intre picoume a cuiosidade de sentirme como quela que me dera a vida, servir ese prato cheo de condimentos sazonados delicadamente coas miñas mans e recibir os leves , xa que non pasaban diso, xestos de agradecemento ante tal manxar.

Non son a típica ama de casa, el sábeo e acéptao, que remedio! así todo mellor. Porén non para min sorpresa ver a súa ó comprobar que me atopaba na cociña cun mandil cheo de vaquiñas moradas, unhas aparatosas luvas e a miña insistencia para que ficase na mesa agardando. Había xa tempo que o noso decaía, artellaba entre varias hipóteses pero non me cadraban. O de que buscaba en min a súa nai era obvio que sobraba, as veces penso que son máis ben a súa filla.

Ceamos, estaba tan orguiosa que decidín observalo minuciosamente, sen apenas parapadear.

Os seus rudos hábitos carentes de modales, a súa boca aberta chea dos restos daquilo que fixera con tanto amor.... Ó mellor xa non era amor a palabra.

Aquela noite apoderáronse de min os escrúpulos e avergonceime durante varios días ó pensar que non podía miralo a cara, que non podía nin tocalo, porque xa había tempo que me daba noxo acostarme con el na mesma cama.

Dende aquela comprendín un pouco mellor a que me dera a vida.


Mañá farei a cea, para min soa, e será reconfortante, son moi agradecida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario