sábado, agosto 01, 2009

POSOS

.....E ata que non sufriches non descubriches o que era a verdadeira felicidade.

Agora ris nunha sobria cociña, sen escesos, cunha fraca despensa e na túa cunca de té derramas os posos do sucio pasado.

Escoitar o seu silbido, esa melodía dunha dos Rolling, convírtete na protagonista repentina da máis exitosa traxicomedia aínda por rematar. O teu corpo entra en sintonía coa quente cunca ó ver o seu torso ó aire. Síntese poderosa na túa pequena miseria, síntese sensual e desexada.

Érguese da mesa e comeza a mover lixeiramente os seus brazos. O silbido permanece ó igual que a cunca nas súas mans.
Aproxímase a él e bícalle o pescozo. Para o silbido, a escena da cociña rematou, comeza a do cuarto.

Apagas a luz e todo fica en silencio, non sen antes deixar a cunca no mesado, xa non ten nada, está baleira, só quedan os posos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario