domingo, mayo 10, 2009

Perdímonos o tempo

Cando saímos era tarde, non vimos a ninguén, só estabamos nós. O camiñar era lento, e os nosos pasos estaban perfectamente compenetrados naquela cidade de luz, marcaban o ritmo do solpor.



Non se falaba, tan só camiñábamos en ningunha direción. Tiña fame. Comimos.



Aínda me pregunto o por que daquel silencio, o poder do mesmo embargaba meu pensamento e non me permitía outra cousa que calar. Un pequeno escalofrío envolveu o meu corpo. Tiña unha pedriña no zapato, era molesta, non a quitei.



Unha bágoa esvara pola súa faciana, un pano sae do meu peto. Xiro brusco, cambio de dirección.



Os pasos pérdense daquel compás unísono, adiántome. Rómpese o silencio, respira forte, respiro forte. Comeza a chover.



Enchoupados entramos no soportal, eu antes. Abro a porta, imos ó salón, prendo o televisor. O Telexornal rematou.

Rómpe o silencio:



-Merda, perdímonos o tempo.

3 comentarios:

  1. ohhh unha predriña no zapato, ou maquillaxe vermello na faciana ¬¬

    lu

    ResponderEliminar
  2. Que saibas que non me sinto culpable!!!
    ti eres moito máis cruel cos seres febles coma nós!!

    ResponderEliminar
  3. Hola meigallo!a verdade é que a vida sería máis doada se puidesemos ir de pompa en pompa non?pero penso que as veces para crecer como persoas temos que tocar cos pes o chan, isto non quita que a vida da burbulla que describo no meu blog sexa maravillosa e moi desexable!
    Gustame moito a tua entrada, non sei por que ao leela lembreime dunha pelicula de Isabel Coixet titulada "Mi vida sin mi" que fala da importancia das cousas, se non a viche recomendote que a vexas...xa me contaras!!!un saúdo!!!

    ResponderEliminar