miércoles, marzo 25, 2009

A Alfanumérica

- Confío nela, claro que confío. Deus dotouna da intelixencia e da beleza precisa para que fose a elexida. Agora que xa é unha muller, que o seu intelecto é capaz de desenrolalo, só queda que a súa confianza derrote na batalla contra a resignación.
Sempre o soñou, sei que cada vez está máis preto.


Cada día séntese máis preto, gaña folgos en cada amencer. E agora todo esta ó seu favor. O inverno está de baixa, a primavera ven sustiuilo. Ela aproveita cada raio que ese radiante Lorenzo lle regala para sumerxirse na ardua tarefa que embarca. Un simple latexo do seu corazón lévaa o seu sino, ó camiño para conseguilo.



Sempre soñou ser a fada deses contos de maxia que tantos ratos ocuparon na súa infancia, nesa revoltosa imaxinación que moitos consideraban única. Pechaba forte os ollos e ría sen descanso sentindo como os pelos da súa pel se lle erizaba ó contemplar dende o alto ós outros nenos.

Moldea a súa cabeleira, encarna os seus beizos, enche de coloridas sombras os seus chispeantes ollos, mírase ó espello e cada vez vese máis preto. Madura a cada paso, crece cada día, morre a nena.

Agora prepárase para a ardua tarefa, son moitos os cálculos, os números, os esforzos que sobreleva con valentía. Algún día non será preciso pechar os ollos para contemplar como os oustros quedan embaixo mentres ela tembla de emoción aló no alto.

Na sexta planta da torre na que habita, pasará cinco laboriosos anos. Mestura letras do alfabeto latino, e números arábicos, casos simples cos sensibles. Moitos, incrédulos ó contemplar a súa ridícula labor decidiron chamala a Alfanumérica.

Cinco, foron cinco, tan só cinco anos para conseguilo. As mans estaban cansas, o sono fora secundario, pero os seus ollos, eses ollos que envolven a máis fría mirada, permanecían chispeantes, agora máis que nunca.

Chea de valor, de orgullo, e de forza saiu decidida daquel zulo no que vivira tanto tempo, avivou o paso e voou, sobrepasou aqueles que tanto se riran dela, limpou as sucias miradas ó seu paso, cada vez máis veloz, semellaba unha fada de conto. Por fín o conseguira.

- Agora véxoa partir, aló, cada vez máis preto das doniñas. Ves como o conseguiría! Eu confiaba nela. Cos ollos húmidos boto un bico, coma moitos, á miña princesa, a princesa Alfanumérica.

2 comentarios:

  1. Gustame moito como escribes, dame a impresión de que eres un gran coñecedor das persoas e dos sentimentos e tes unha gran capacidade de expresalos coas túas verbas ;)

    Un saúdo!!!

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida o esforzarse tradúcese nun soño feito realidade...eu entendoo asi...
    Gustoume moito, tes unha maneira de expresarte que facilita moito a comprensión e a imaxinación do teu reñato. Un saúdo.

    ResponderEliminar