“Por debajo de cero nada existe” ,
iso dixo o profe, “nada existe”.
Supoño que si existe algo será
negativo.
Non profe? Negativo!
Hoxe estou negativo señor profe,
e onte a antonte negativo tamen, estou a -1000, a -750 polo menos. Fílmame en
negativo, físicamente negativo e anímicamente
negativo. Gran problemática profe, gran problemática que reside na perda de
motivos. Tanto os positivos coma os negativos. Perdinlle os motivos.
Asi como lo olle
Os motivos todos.
Erguinme un dia da cama, e pumba,
ao carallo os motivos!
Mea burro.
Motivo para levantarme, para
volverme deitar, para traballar ou para cociñar, sobre todo para cociñar. O
único que fago con disciplina marcial cada día e asearme, en especial lavar os
dentes, sobre todo os dentes. Imprescindible.
Sabía, señor profesor, que se
deixásemos de lavarnos, se por un casual remoto decidísemos vivir na na máis
abosluta merda chegaria un punto no que a suciedade estancaríase? Xa non se
produciría máis graxa no pelo, nin habería máis roña na pel. Superaríamos o
umbral de merda que o ser humano é capaz de aturar. Case nada!
Pero isto non pasa cos dentes, os
dentes hai que lavalos, porque do contrario as nosas encías debilitaríanse, e
sangrarian, e os dentes comezarian a apodrecer
e caerían,
un a un,
e iso sería espantoso porque non
poderíamos sorrir nunca máis nin masticar un bo chuletón nin tampoco poderíamos
pronunciar as interdentais. E o ratoncito pérez deixaríanos pola noite un
mísero euro pese a que deixamos na nosa
cama a friolera cantidade de 32 dentes.
Tamén perdín os motivos para
escribir, para expresarme, e iso é moi chungo. Parece que só sae algo cando
estou demasiado contento ou demasiado triste. Ou negativo profe. Por suposto
non lle vou falar do noxo político que padezo, nin do caro que se están pondo
as cousas no super, nin de que estou aprendendo a cociñar toda clase de pasteis
como arma fulminante contra os meus momentos negativos, hombre por favor! O seu
tempo e valioso, non podemos perdelo.
A cuestión é que me atopo
demasiado nada, en stand by, nun estado permanente de VUELVA MAÑANA, LE
ATENDEREMOS ENCANTADAOS!
E eu penso, co que ti fuches
señorito, un gran falador, e indagador, cualidade menos común. E eu penso, porque
penso, e penso, penso, penso penso, penso, pensó, penso é compresa en
portugues, sabia iso señor profesor?
Todo pode dar lugar a equívocos,
todo é un equívoco. Estarei deprimido? Pero non estou triste.
PUEDES ESTAR DEPRIMIDO SIN ESTAR
TRISTE? ACASO LA DEPRESIÓN VA ACOMPAÑADA SIEMPRE DE TRISTEZA?
Estaraste volvendo vello? Ou
mellor dito, estarás pensando coma un vello?
Todo é preocupante
Todo é un equívoco
Todo é negativo
Mea Burro.
Ao mellor madurei vinte anos de
golpe señor profe. Vinte anos máis neste corpo de nenos.
A soidade é moi mala.
Pero miro para vostede, tan cheo de vida, tan forte fronte
adversidade, tan, tan... tan ben
alimentado que penso: aínda che quedan polo menos dez anos para recuperar os
motivos.
Asi que sal ao mundo campeón e cociña pasteis para
todos os teus amigos coma se fose o que máis che apetece en todo o mundo, que
non hai nada máis doado que mentirse así mesmo e mentirlle aos demáis, para iso
te fas chamar actor, e conversa sobre algo interesante e intelixente e pensa
pensa pensa pensa…
“por debaixo de cero nada existe”
iso dixo o profe, “nada existe”.
Con todo respeto, en qué idioma escribes?
ResponderEliminar