martes, noviembre 24, 2009

A SEREA

Nadou forte, contra as mareas. O mundo tiña fame de xexún e ela saiu a frote. Naceu a delicia, a delicada, a dos ollos de acibeche, a da pel de nacre.

Do grego, Sofia, de natureza emotiva, cordial e sagaz, inundou ao mundo, paseniño, con sutileza, da auga clara na que mergullar o noso corazón e convertilo no dela, sen impurezas, coa sinxeleza dos acenos naturais.

Cobre o seu corpo con panos de seda e calza sandalias de coiro, alza a mirada envolta en pinturas de conto, e caes sucumbido no vestixe dos seus ollos.

E non pode facer mal e digo que non pode ser doente, co seu sorriso lévate polo vertixinoso cauce das suas aguas, non podes deixar de querela como é, non podes deixar de nadar con ela

As ondas van e veñen, ao ritmo das súas cantigas atrapando aos máis codiciados mariñeiros que se funden nas súas redes para adorar a musa, a feiticeira.

Eu coñecina un día, vina pasar e marchou. Pero non me esquecín dela e ben sabe este zagal que o mar do nordés respira teimoso dende que fuxiu, mais agardo a esperanza de volver nadar un día con ela, coma daquela, con Sofia, coa miña serea.

4 comentarios:

  1. Q preciosidade!!!
    Moitisimas grazas Estevo!!
    Encantam como escribes =)
    Sgue asi e chegarás moi lonxe.
    Quéroteee!

    ResponderEliminar
  2. esta darriba quen e? sofia
    como se nota que cree que a entrada vai pa ela
    pos enterate, que sofia son eu!
    si, si, eu: maria dolores
    "no teu mar bailan sereas..."
    se é que non te libras, caes en todas
    saudos: neptuno (prefiro ser o mandamais, ben o sabes)

    coucheiro
    perdoa sofia

    ResponderEliminar
  3. ai que lianta é a neptuno esta!!!! ti nunca serías unha serea ti serías a raíña dos mares, ou como moito a princesa jajajjajja

    ResponderEliminar