viernes, noviembre 13, 2009

ESQUECICHES

Sempre buscou en min un confidente, un apoio, un responsable. Pero eu era tan só un neno.

Sempre buscou en min unha excusa, un consello, compresión, e os problemas para min eran tan só fórmulas matemáticas.

Era o conflito e a solución, o intruso silencioso do fráxil binomio, a pelota que cambia continuamente de tellado.

Sempre buscaches en min razóns, causas, e eu estaba tan farto delas....

Estabas tan cega, tan absorbida nos teus problemas que non reparaches no máis importante.

Sempre buscabas en min un pai pero eu era tan só o teu fillo.

3 comentarios:

  1. sabes por que te quero? querote porque asi xa non teño que agardar a que ninguen me queira!
    e ti, queresme?

    ramonchu
    griffero

    ResponderEliminar
  2. e quéreme polo simple feito de que así ve que non está soa

    ResponderEliminar
  3. que bonito!
    non me recoñeces, nunca me recoñeces...
    ay como che comprendo meu fillo, sintoio XD


    lu

    ResponderEliminar