martes, mayo 19, 2009

танцор


Preciso vela de novo, non sei que ten, nin como se chama, nin alcancei a mirarlle o rostro pero preciso vela de novo.
Que que ten? É máxica, é capaz de aflorar a sensibilidade nesta alma ruda e fascinarme lentamente ata que me dou conta de que estou paralizado coa boca medio aberta mirando para ela., debo ser parvo!
Hoxe volvo ó seu encontro, rodeado de xente pero só na intimidade que nos otorga a escuridade da sala. Tiven sorte, primeira fila.
Comeza o piano, préndese as luces e aparece ela. Nese intre angústiaste observando esa gran fraxilidade, ata temes que tal boneca de porcelana esvare e reduza a súa beleza a pequenos anacos.
Salta, cada vez máis alto e cada vez cóstalle menos, xira e xira e xira e eu quedo mareado fixando a mirada nese tul branco que envolve o seu corpo e ficaría ali toda a vida, que non pare!
Penso, que será o que non me deixa esquecela? Será que non é humana? É un milagre?
A música para de súpeto! A boneca permanece en equilibrio nas súas puntas, camiña con delicadeza e reponde:

- É danza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario