lunes, abril 13, 2009

E o que non dis......

E dis que non resulta doado mirar ós seus ollos e ela queda prendada enrriba túa mentres analizas cada centímetro cadrado do seu destartalado corpo.

E dis que non resulta doado mirar ós seus ollos.e ela péchaos para non sentirse intimidada, para envolverse da maxia do momento, para emblanquecer a súa mente.

E dis que non resulta doado mirar os seus ollos, e non deixas de miralos, non deixas de miralos e permaneces cal figura pétrea ante esa delicada figura.

Dis que che encanta a súa boca, o seu sorriso, pero máis os seus ollos porque o seu sorriso, según ti, é un simple esbozo creado por ela, pero a súa mirada é un fiel debuxo do seu corazón.

Suspiras.

Poste rudo, insensible, aínda que lle moleste debes seguir ese xogo, é a máxima imposta para ver o mundo dende a facilidade. Ai, quen cho ía dicir! Canto medo se ten a romper o fráxil cando se atopa entre as mans!, como latexa o corazón ó levar no peto o máis grande dos tesouros procurando que ninguén se decate!

E sabes que ela desborda paixón e sentimento pero ti permaneces firme por iso de apaciguar a dor ante as hipotéticas perdas.

Suspiras.

E dis que non resulta doado mirar ós seus ollos, porque sabes que nese intre está todo perdio e lanzas o teu corpo ó baleiro sumerxido nesa bruma de incertidume que as mentes máis románticas e nostálxicas das que ti nunca fuches partícipe denominan amor .

2 comentarios:

  1. ohhh que estupendo
    y la música, en portugués como non XD

    saludos O

    ResponderEliminar
  2. a ver cuando empieza a funcionar el blog mequetrefes, claro si le gusta a Patricia x unanimidad sino seremos censurados XD

    ResponderEliminar