domingo, febrero 15, 2009

PANCHITO

Panchito é un neno de 32 anos, 11680 días que lle aportan as doses de madurez necesarias pero insufcientes para que descubras que no fondo é iso, un neno.

O seu nome fai referencia a un froito seco fritido e salgado, e iso venlle que nin pintado. Aínda que non o recoñecería, eu aprecio a seca nas súas verbas, ben sexa pola calor tropical que recibe nas súas queridas illas Canarias, ou ben pola presión asfixiante que se concentra na gorxa ó non poder fuxir das esnaquizantes aparencias. Eu decántome pola segunda.

Fico sempre esperando a que se de a coñecer e cada unha das súas palabras introdúcete na trama da súa complexa razón de ser. Esa rede atópase curtida con forza polas asperas e saibas mans mariñeiras que engaiolan a máis feroz das presas.






É imposible atender a súa vida e non apreciar o surrealismo que a envolve, así como tamén é complicado non sorrir con forza, coma un paxaro, cando solta algunha das súas elocuentes frases que sostentan cada vez con máis forza que se trata dun neno de 32 anos.

O desorbitado consumismo agocha as súas debilidades e a súa infinita bondade serve de abusos a moitos, mais semella ser feliz. Disimúlao moi ben.

Moitos de vos seredes coma panchito, eu mesmo teño moito en común con el.

Doulle gracias, porque sempre saca un sorriso da miña boca, aínda que non é complicado, sonche de “sorriso doado”.
Quédanos unha viaxe pendiente, eu invítoo a outra, a outra illa tropical na que non exista a presión afixiante concentrada na gorxa ó non poder fuxir das aparencias.
Iso si, tan só é unha invitación de ida, non mereces a volta.

2 comentarios:

  1. Hola Meigrallo!!

    gracias polo teu comentario. Segun punset (filla) (son un gran seguidor), a felicidade alcánzase na ausencia de medos (entre outros) e ó meu parecer os infelices non son mais que persoas con medo. ¿acaso non é triste estar nun mesmo lugar toda a vida, facer o que os demais esperan de ti e non rompelos esquemas? o medo é o peor compañeiro, deste viaxe que é a vida...

    ResponderEliminar
  2. Ola Meigallo!

    Graciñas polo teu comentario : )

    E tanto que a vida é impredecible e curta!Por iso mesmo non estamos para perder o tempo aparentando vivir e finxindo ser felices...
    aínda que supoño que todos nalgún intre da nosa vida fomos coma panchito...

    Un saúdo!

    ResponderEliminar