martes, febrero 03, 2009

Corazón Blindado

Moi boas a tod@s.

Cada día crezo maís, comenteino no post anterior. Resulta sorprendente a cantidade de cousas que che pasan de entrada en entrada.

Agora xa non me fas dano, sei esquivar as túas palabras, sei o que che doe. e sei o que non aturas. Agora lévoche vantaxe nesta competición chamada vida. Non te molestes en desprender balas de ira pola túa boca, porque o meu corazón atópase blindado. Se non queres oir, ensordece. Se non queres ver, cégate. Se non queres falar, enmudece. Pero se non queres sentir, morre.

A linguaxe belicista no ámbito da nosa vida sempre estivo e está a orde do día. LOITAR polo que queres, GAÑAR a BATALLA ante a adversidade, sair VICTORIOSO... E coma estes unha enorme cantidade de exemplos que demostran que sempre hai un forte e un feble, un alto e un baixo, un derrotador e un derrotado. "O home naceu para loitar, e é como se lle define mellor, dicindo que é un guerreiro nato e que a súa vida, dende o principio ó fin, non é máis que a batalla"(Thomas Carilyle). E é neste punto onde atopamos a guerra máis árdua, a de loitar contra un mesmo, e será nesa loita onde as penas, esforzos e angustias pasen moito máis rápido.

Existen certos pasaxes da nosa vida ós que podemos categorizar coma complicados. Son eses nos que sobran as razóns para saltar de alegría, para sorrir e brincar coma nenos pero non o fas, e non o fas porque hai algo que , ainda que se escapa das túas mans, non che permite liberar o énfase do momento. E aqui cando loitas, cando buscas enfurecido a paz. Pero si queres a paz, debes preparar a guerra.

Eu atópome nun momento de loita interna. Estou aterrorizado, confuso e perdido. Mais non preocupado, aínda que con medo, véxome con forzas de loitar, preparado para a batalla. Escribir ante vós, axúdame a crecerme a crer as miñas palabras a liberarbe daquelo que non podo facer fora deste pequeno rincón arropado entre toxos e xestas.

Onte soñei con vivir preto do mar, casarme cunha serea, e aprender a cantar fados. Non vos riades, pero pode que por ese camiño se oriente a miña loita.

Dicía a canción que aínda na guerra, cos rifles nunca se matarán as palabras.

Deica outro soño amig@s!!!

4 comentarios:

  1. Moito ánimo na 'loita'!

    (por certo, de que curso es? Pícame a curiosidade!)

    PD: Russian Red, que grande :)

    ResponderEliminar
  2. Jaja, claro que a responde! Teño certo retraso mental pero non ata tales extremos :D (ti non me fagas moito caso, que escribo moitas parvadas)

    Graciñas pola sorte, bastante falta fai (e de momento pouca houbo), toda ela para ti tamén!

    Saudiños e xa nos veremos pola facultade. Ou verasme ti. (basicamente porque con esa foto pouco se pode recoñecer) Ou non. E que Outeiriño te acompañe.

    ResponderEliminar
  3. Es un soñador nado... A verdade é que todos temos algo de soñadores. ¿Quen non ten unha nube na que pasa horas e horas só pensando? ¿Quen nunca quixo subir ao ceo e voar? jÁ!! que o primeiro tire a primeira pedra... o que pasa é que despois hai xente que o sabe representar sobre o papel (como é o teu caso, e mellor dito sobre o teclado) e faino de tal xeito que é fermoso...

    Sigue así! que eu tamén te leo... aínda que non comente :S digamos que non se me da ben iso de comentar...

    E sobre o de ler os meus post... as veces poden resultar aburridos... pero gracias jaj é bo saber que hai alguén que te le (aínda que a temática, se fose libre por completo, non trataría diso... que esa información encóntrase en calquera lado...) pero bueno...

    Un bicoo! e xa quedaremos xaa!! ademais hai que facer outra reunión social, se tal únete aos enfermeiros, que somos todos moi sans! jajaj

    ;)

    ResponderEliminar