lunes, diciembre 15, 2008

INCONTINENCIA VERBAL


Mañás incesantes
de noites perpetuas
os meus lánguidos ollos
por fin espertan....
PENSANDO EN TI

Son perpetuas as noites que paso nesta pequena habitación mirando ó tempo transitar na miña contra por esta travesía utópica na que os soños son reais.
Non mires atras!! comentan, E porque non? somos herdeiros do noso pasado, está claro que non somos o que eramos pero sempre fomos o que somos.
Eu comezo esta aventura mirando atrás, rexeitando o malo, saíndo a luz tal e como son.
Son un zagal sen pelo no peito coa mente opaca e os ollos cansos.
Penso e falo pero tamen falo e non penso. Oculto mais do que debo e en realidade non debo nada.
Desordenadas son as miñas ideas, pode que as miñas palabras inadecuadas pero nítidos os meus sentimentos.
Pódenme chamar raro, incluso sinalan co dedo, rin cando paso, pero eu non recompenso, non son de sobresaltos.
Din que a sensibilidade chega a ser un defecto, eu logo, veño defectuoso de fábrica.

Esquecín o prezo da sensatez e a apostei demasiado alto, xoguei a desconfiar e acabei confiando demasiado. Moito camiño me queda por diante, moitas son as verbas cosidas a miña pel que irán brotando en tinta.

Pode que sexa o fin do comezo, pero sei que a partir deste momento a mañás non serán tan incesantes nin as noites tan perpetuas.

Escoita, quero sentirte,
achégate, quero tocarte
ansias, que me deixan sen vida
vida, que pensa esgotarse....
PENSANDO EN TI

2 comentarios:

  1. Bueno, como fun a primeira q che declarou o seu apoio incondicional era tamén xusto q fora a primeira e estrear este teu tablón!:P O primeiro escrito paréceme fascinante e cheo d emoción. Ler o q escribes é sempre un verdadeiro placer, mesmo cando che da por criticar a todo bicho vivinte como cando consigues q o meu pensamento se mergulle con emoción nas tuas palabras. O dito, un verdadeiro placer!

    ResponderEliminar
  2. Dixo un vello druida que un home sen recordos non existe... e a existencia sen sensibilidade é baldeira... non estás só, teste a ti mesmo, e ás veces chega...

    Saudiños

    ResponderEliminar