Comezaría a escuras, 
en silencio, no baleiro, sen nada
e tararearía The way we were de Barbra Streisand.
Iluminaríaselle a cara e levaría unha perruca negra, coma
Thurman en Pulp Fiction.
Toda de negro,
raso negro. 
E diría:  vou de negro, vou de luto pola miña vida
Como Masha, na Gaivota de Chéjov.
De fondo, proxectaríase de súpeto a Costa da Morte.
E as ondas
E o mar
E a choiva                 E a choiva                 E a choiva
Temos unha gran costa en Galicia! 
Que bonito vivir en Galicia!
Faría un solo de danza ao Pina Bausch
seguindo o camiño de baldosas amárelas
Todo moi triste 
Piano      Piano
Pianista en Directo,
tamén de negro.
Sen rostro,
só unha maza,
e na mazá un antifaz,
e no antifaz un pucho.
Deconstruindo a Magritte
Lume,        lume,      lume
Tamén habería lume
cunha voz en off anunciando a morte de Franco 
e as Pussy Riot bailando a danza do ventre 
ao son da canción sen voz de Kurt Cobain
In crescendo                          In crescendo
Tensión dramática 
In crescendo 
Continuaría ata o final 
Só ata o final 
Só no final
e que teño moitos referentes.....
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario