lunes, abril 15, 2013

Moita merda!


Comezaría a escuras,  en silencio, no baleiro, sen nada
e tararearía The way we were de Barbra Streisand.

Iluminaríaselle a cara e levaría unha perruca negra, coma Thurman en Pulp Fiction.
Toda de negro,
raso negro.
E diría:  vou de negro, vou de luto pola miña vida
Como Masha, na Gaivota de Chéjov.

De fondo, proxectaríase de súpeto a Costa da Morte.
E as ondas
E o mar
E a choiva                 E a choiva                 E a choiva
Temos unha gran costa en Galicia!
Que bonito vivir en Galicia!

Faría un solo de danza ao Pina Bausch
seguindo o camiño de baldosas amárelas

Todo moi triste
Piano      Piano

Pianista en Directo,
tamén de negro.
Sen rostro,
só unha maza,
e na mazá un antifaz,
e no antifaz un pucho.
Deconstruindo a Magritte

Lume,        lume,      lume
Tamén habería lume
cunha voz en off anunciando a morte de Franco
e as Pussy Riot bailando a danza do ventre
ao son da canción sen voz de Kurt Cobain

In crescendo                          In crescendo
Tensión dramática
In crescendo

Continuaría ata o final
Só ata o final
Só no final

e que teño moitos referentes.....




No hay comentarios:

Publicar un comentario