martes, diciembre 04, 2012

MEA BURRO



“Por debajo de cero nada existe” , iso dixo o profe, “nada existe”.
Supoño que si existe algo será negativo.
 Non profe? Negativo!

Hoxe estou negativo señor profe, e onte a antonte negativo tamen, estou a -1000, a -750 polo menos. Fílmame en negativo, físicamente negativo e anímicamente negativo. Gran problemática profe, gran problemática que reside na perda de motivos. Tanto os positivos coma os negativos. Perdinlle os motivos.
Asi como lo olle
Os motivos todos.
Erguinme un dia da cama, e pumba, ao carallo os motivos!
Mea burro. 

Motivo para levantarme, para volverme deitar, para traballar ou para cociñar, sobre todo para cociñar. O único que fago con disciplina marcial cada día e asearme, en especial lavar os dentes, sobre todo os dentes. Imprescindible.
Sabía, señor profesor, que se deixásemos de lavarnos, se por un casual remoto decidísemos vivir na na máis abosluta merda chegaria un punto no que a suciedade estancaríase? Xa non se produciría máis graxa no pelo, nin habería máis roña na pel. Superaríamos o umbral de merda que o ser humano é capaz de aturar. Case nada!
Pero isto non pasa cos dentes, os dentes hai que lavalos, porque do contrario as nosas encías debilitaríanse, e sangrarian, e os dentes comezarian a apodrecer
e caerían,
un a un,
e iso sería espantoso porque non poderíamos sorrir nunca máis nin masticar un bo chuletón nin tampoco poderíamos pronunciar as interdentais. E o ratoncito pérez deixaríanos pola noite un mísero euro pese a que  deixamos na nosa cama a friolera cantidade de 32 dentes.

Tamén perdín os motivos para escribir, para expresarme, e iso é moi chungo. Parece que só sae algo cando estou demasiado contento ou demasiado triste. Ou negativo profe. Por suposto non lle vou falar do noxo político que padezo, nin do caro que se están pondo as cousas no super, nin de que estou aprendendo a cociñar toda clase de pasteis como arma fulminante contra os meus momentos negativos, hombre por favor! O seu tempo e valioso, non podemos perdelo.
A cuestión é que me atopo demasiado nada, en stand by, nun estado permanente de VUELVA MAÑANA, LE ATENDEREMOS ENCANTADAOS!
E eu penso, co que ti fuches señorito, un gran falador, e indagador, cualidade menos común. E eu penso, porque penso, e penso, penso, penso penso, penso, pensó, penso é compresa en portugues, sabia iso señor profesor?
Todo pode dar lugar a equívocos, todo é un equívoco. Estarei deprimido? Pero non estou triste.

PUEDES ESTAR DEPRIMIDO SIN ESTAR TRISTE? ACASO LA DEPRESIÓN VA ACOMPAÑADA SIEMPRE DE TRISTEZA?

Estaraste volvendo vello? Ou mellor dito, estarás pensando coma un vello?
Todo é preocupante
Todo é un equívoco
Todo é negativo
Mea Burro.
Ao mellor madurei vinte anos de golpe señor profe. Vinte anos máis neste corpo de nenos.
A soidade é moi mala.
Pero miro para vostede,  tan cheo de vida, tan forte fronte adversidade, tan, tan...  tan ben alimentado que penso: aínda che quedan polo menos dez anos para recuperar os motivos.
Asi que sal ao mundo campeón e cociña pasteis para todos os teus amigos coma se fose o que máis che apetece en todo o mundo, que non hai nada máis doado que mentirse así mesmo e mentirlle aos demáis, para iso te fas chamar actor, e conversa sobre algo interesante e intelixente e pensa pensa pensa pensa…

“por debaixo de cero nada existe” iso dixo o profe, “nada existe”.


1 comentario: