lunes, marzo 12, 2012

Chora neonato chora


Dentro dunha bolsa amniótica, nun paritorio ao sur, en maio, no noventa, debátese a primeira decisión transcedental: Desexas vir ao mundo? É unha decisión importante, importante para todos, mesmo para o universo. Na bolsa, resoa de novo a pregunta: Desexas vir ao mundo? É algo serio, sabes que hai un momento no que serás expulsado da vida e comezarás a impacientarse se non morres e aínda máis, a comodidade que supón o teu desprazamento fai que xa ninguén desexe que entres de novo. Se te empeñas en prolongar a túa existencia todos sufren.

No medio do pesimismo, a imposición. Non escollin a cona da que me gustaria sair, nin os pais que me reciban a saida, non meditei se os meus ollos son do cor da mel, se debería ter o pelo rizado ou se entre as miñas pernas habita o magnetismo da muller ou a condena do home e de novo a pura pregunta: Desexas volver a este mundo? Pero tampouco hai decisión, simplemente te limitas a sair, e se eres o suficientemente duro e non choras, virá unha matrona que te collerá polas pernas e comezará a golpearte ata que expulses o primeiro berro da agonía.


Reporse ao nacemento é unha tarefa extremadamente complicada.



2 comentarios: