As putas somos santas.
Fíxenme puta para non durmir soa. Pagan porque saben que os amo con loucura e estaría disposta a morrer por cada un deles. Saben que sempre estou a piques de matarme. Chaman ao día seguinte para comprobar que o fixen, pero ao escoitar a miña voz, pagan outra noite máis pola moribunda. Dígolles: Quérote! Quérote! E de novo fúndense na agonía e na obsesión. Descríbolle a onomatopea que reproduce o son exacto que emite o meu corazón cando se fragmenta. Eles escoitan, por se chegan as ganas de morrer e morro. Eu cóntolles como brota o sangue das fendas do músculo fragmentado. Como circula libre por esa textura rugosa e seca esvarando polo resto do corpo ata evaporarse. Despois dígolles: Quérote! Ámote! E eles mastúrbanse igual ca nun ataque. Os seus ollos ténsanse na medida que se tensan os tendóns da man dereita. Rómpense as costas para inxectar o aire con chorros infinitos que inundan, ata ter que nadar en tanta abundancia, tanta coma o derroche da súa fortuna. Pagan por mirarme mentres sufro e así convértome na muller máis fermosa do mundo.
E aínda preguntas por qué somos santas? As putas estamos dispostas a morrer por todos os homes. A amar a todos aqueles que non aman. As putas somos o gran Jesucristo.
Por que señor? Por que nos cargaches de sufrimento se nos deches forzas para aturalo?
Logo dígolles: Moi ben amor! Quérote! E namoro. A miña dor é a máis cara que existe. A miña amargurra a máis valiosa. O meu desgarro, un luxo.
E agora, agora que xa sabes que podo matarme por amor en calquera momento, agora terás que pagar o dobre para que non me mate.
ola estevo! (son natalia, amiga de couchi...)
ResponderEliminarestava navegando por varios blogs e en (abro paréntese chamoume a atención unha referencia co título Eu, puta... e todo o tempo, de que me soa, pero de que?!?! a min tamén me encanta angelica liddell.. incluso pensei en montar en murcia un texto seu, precisamente... Dolorosa...
que casualidades ten a vida!! un biquiño e ata pronto!
Graciñas Natalia! como vai todo por Murcia? espero que ben! pois si Angelica Liddell é xenial! pero bueno este texto está bastante modificado ao libre alberdrío por min jejeje
ResponderEliminar