Que é isto, quen somos?
Imos ser malos, paréceche? Os maiores fillos de puta sen sentimentos. Quitarémonos as camisolas e luciremos peito. Luciremos brazos. Sentirémonos sexys, vamos! É todo actitude. Está tirado. É doado, sempre é doado ser outro. Imos ser outro, se é o que queren seremos outro. Seremos os putos amos, dícese así non? que dis? Paréceche? Queimaremos a rúa, queimaremos as nosas gorxas con ron, do barato, do que esfola, nada de mariconadas.
Imos ser tolos. Grita! Móvete! Sorpréndete a ti mesmo! Baila! Baila! Baila! Libérate ostia!
Bañémonos na praia. Bañémonos en bolas. Enchamos o corpo de salitre pero non deixes de gritar oes? Non hai medos. Non hai pensamentos. Non hai nada. Non es ti, entendes? Parécehe? Grita!
Ves como nos miran? Cada unha desas pupilas é un aguillón cheo de veleno. Despois de picar morren, entendes? Estaste pondo cachondo? Tes medo? Bótalle collóns. Chamemos a cada un deses fillos de puta polo seu nome. Un por un. Hoxe nada importa. Somos malos. Os putos amos. Outros.
Que esperas de min? a onde pretendes chegar?
As mesmas pezas idénticas dun puto puzzle para maior de sete anos.
É curioso que sexa a única entrada etiquetada con rabia.
ResponderEliminar